DRAGALÍZATE

DRAGAL V DESCUBRE O SEGREDO DO DRAGÓN

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes.

Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura.

Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?

Intensa, sorprendente, máxica, adictiva...

Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.

«Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón.»

A herdanza do dragón, orixe do universo dragaliano


Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura.
Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.
Esta novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009 Premio Frei Martín Sarmiento 2012, inicia a saga fantástica do dragón galego, baixo o título de “DRAGAL”.

Xa a venda a DECIMO PRIMEIRA EDICIÓN

TRADUCIÓNS

Catalán- Pagès Editors: DRAGAL I L'hèrencia del drac

Castelán- Anaya: DRAGAL I la herencia del dragón

Inglés- Small Station Press:  DRAGAL I The Dragon's Inheritance

A primeira novela da serie Dragal tamén foi seleccionada na convocatoria New Spanish Books 2015 en Francia.

 

Un dragón medieval reencarnado no mundo de hoxe

DRAGAL relata a reencarnación dun dragón de lenda nun mozo de 16 anos, unha mutación fantástica que se produce no mundo real e na época actual.

Todo comeza na aula dun instituto que podería situarse en calquera localidade da costa galega, dende a que temos unhas privilexiadas vistas sobre unha igrexa románica, San Pedro.

Os protagonistas da novela, Hadrián e Mónica, descubrirán que o vello templo está conectado cunhas catacumbas ateigadas de secretos e que agocha as claves para atopar a senda do último dragón que existiu en Galicia.

Os sucesos fantásticos intercálanse coas clases no instituto, o acoso escolar, os exames ou o primeiro amor de adolescencia.  A serie baséase tamén en lendas galegas e celtas, mitoloxía universal, maxia, alquimia… E recupera a historia do último dragón documentado na nosa terra durante o medievo, cuxa existencia recolle o Códice Calixtino.

Nas páxinas de DRAGAL atopamos profecías milenarias e ordes de cabaleiros medievais, cuxa historia se mantén oculta nos libros que se gardan nunha biblioteca prohibida. Aqueles que se atrevan a percorrer os túneles das misteriosas catacumbas de San Pedro vivirán innumerables aventuras cos seus protagonistas.

As novelas están estruturadas en capítulos curtos e de lectura moi áxil, con finais abertos que incitan ao lector a continuar lendo. No momento en que situamos aos personaxes no escenario real e describimos o mundo paralelo de DRAGAL, a historia flúe como unha bóla de neve costa abaixo, cun final de impacto en cada entrega.

Un dos valores más apreciados polos lectores é a verosimilitude da saga para reencarnar o dragón na pel dun adolescente da época actual, enfrontando a maxia medieval deste ser fantástico cos avances tecnolóxicos do momento.

A fantástica metamorfose do dragón

 

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura.A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos.

Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario...

Na procura dun milagre que lles axude a salvar o seu amigo, Mónica e don Xurxo deberán desvelar as claves agochadas na milenaria igrexa de San Pedro. Daquela descubrirán que, para cumprir os designios da profecía, os cabaleiros da Orde de Dragal xa iniciaron o seu regreso.

 

TRADUCIÓNS

Catalán- Pagès Editors: DRAGAL II: La metamorfosi del drac

Castelán- Anaya: DRAGAL II La metamorfosis del dragón

Inglés- Small Station Press:DRAGAL II The dragon's metamorphosis

Unha Fraternidade para vivir unha aventura trepidante

Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso, para cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval.

Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.

"Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección  co abrente.

Será daquela, cando a luz da lúa se bañe no interior do ovo alquímico, cando se perpetuará a estirpe do dragón.

Visita interiora Terrae
rectificando invenies
occultum lapidem.

TRADUCIÓNS


Castelán- Anaya:  DRAGAL III La Fraternidad del dragón

Inglés- Small Station Press DRAGAL III: The Dragon´s Fraternity