PRESS CLUB

Dragal IV en Radio 5

As emisoras de RN5 en Pontevedra emitiron unha entrevista do xornalista César González a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal.

Biosbardía: A historia de ‘Dragal’ dá para tres triloxías

 

/

César Lorenzo Gil/BiosBardia

Unha historia de dragóns, escrita case como un reto familiar, cambioulle a vida a Elena Gallego Abad (Teruel, 1969). Dragal, a serie de narrativa xuvenil fantástica que edita Xerais chega agora ao seu cuarto volume: A estirpe do dragón. Falamos coa autora sobre este fenómeno que xa vendeu máis de dez mil exemplares e que está a piques de converterse en película e en cómic interactivo en liña.

Empecemos polo primeiro capítulo da historia. Cando ideou Dragal xa contaba con que fose unha serie?

Non. Teño contado moitas veces como empezou todo. Hai seis ou sete anos eu era a nai dun adolescente de quince anos, Adrián, que tiña o cuarto empapelado con imaxes de dragóns, que pasaba o día enteiro a ler historias de fantasía con dragóns polo medio, historias de mundos paralelos e portas cara a dimensións descoñecidas. Falando co meu fillo, fun consciente de que ignoraba moitas cousas das propias tradicións galegas e logo de discutirmos sobre as posibilidades da cultura nosa para crear un universo fantástico apegado ao terreo e verosímil, púxenme a escribir unha historia. Ía ser simplemente un conto para demostrarlle que se podía facer unha boa aventura con dragóns pero a medida que ía escribindo, a cousa foi medrando e converteuse nun libro. Adrián leuno e gustoulle, así que un día, case por casualidade, lin as bases do Premio Caixa Galicia (hoxe Jules Verne) de literatura xuvenil que convocaba Xerais e dixen para min: “o non xa o tes, é só gastares un pouco en fotocopias e correos”. Nese momento todo cambiou. Aínda que o libro non gañou o premio, o xurado fixo unha mención especial, unha recomendación para que a editorial publicase o libro.

Recordo que aquel ano en San Simón falábase tanto do seu libro coma da gran gañadora da tarde, Rosa Aneiros, que levou xuntos o devandito Caixa Galicia e mais o Xerais de novela. Que pasou despois?

Na primeira reunión que tiven con Manuel Bragado, director de Xerais, xa me amosou o gran problema do libro: “Dragal non termina; continúa”. Eu respondinlle que así era pero que non sabía se a cousa unicamente daría para engadirlle corenta páxinas máis, que quizais o plan era escribir unha triloxía. Ía un tanto de farol, pensei na triloxía porque é moi común que se fagan series así na fantasía pero até ese momento non fora tan ambiciosa. “Vale. Pois ponte a escribila”, contestoume Bragado. E así aquela historia para Adrián acabou tomando o rumbo dun proxecto moito máis grande.

O instinto de Xerais era atinado. O primeiro libro triunfou.

Xa vai pola oitava edición. Coido que foi fundamental a recepción nos centros de ensino. Lembro especialmente as palabras dun profesor que falou comigo sorprendido de que un alumno seu que nunca lera nada, de socato estaba o día enteiro cun libro na man; incluso nas clases lía ao escuso. Cando averiguou que libro estaba a ler, interesouse e encontrou en Dragal calidades suficientes para recomendalo, para aproveitalo nas súas clases. A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores; cando ía a algún centro dar unha charla encontrábame as paredes decoradas con motivos do libro. A rapazada non paraba de preguntar como continuaba a historia.

A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores.

E así chegaron a segunda e a terceira entregas. E o fenómeno deixou de ser unicamente galego. O libro xa ten edición catalá, inglesa e española. Como foi o proceso de expansión?

Primeiro, naceu dun complexo propio. Recordo chegar a Madrid, a unha desas librarías de enorme superficie e decatarme de que había un cento de libros sobre dragóns e que o meu non estaba. Decateime de que tiña que esforzarme por conseguir estar nun nivel diferente e púxenme á tarefa.

Ten vostede axente literario?

Non teño. Eu convertinme na miña propia axente literaria. Contactei con editores de fóra e ofrecinlles a historia. Nalgúns casos tiven que insistir moito, ofrecerme ao cento por cento, convencelos de que é unha historia universal, que ten interese para públicos moi variados. Os editores que lle deron unha oportunidade quedaron moi satisfeitos. A miña editorial en catalán, Pagès Editors, cando decidiu crear unha nova colección de libros xuvenís co gallo do seu 25º aniversario, inaugurou a nova serie co Dragal. Aínda recordo o día que fun á Casa do Libro en Barcelona e vin o meu libro ao lado dun dos de Harry Potter. Foi unha sensación moi especial.

A receita, daquela, para os escritores galegos, é a perseveranza no traballo “comercial”?

No meu caso foi así. Non podes unicamente pensar en escribir boas historias, tes que pensar que a túa obra é coma un fillo, que precisa coidados, atención, que te preocupes por ela, que fagas todo o posible polo seu benestar. Eu sempre considerei fundamental atender os lectores nas redes sociais, visitalos nos centros de ensino, facer presentacións, que me consideren unha persoa accesible coa que comunicarse… E por outro lado, sempre estou intentando abrir mercado. A serie de Dragal está en Alemaña, en Italia, no Xapón, no Brasil e en Portugal. Confío que co tempo se publique neses países e incluso noutros. Ás veces paso as mañás enteiras ao teléfono con editores.

Hai escritores que se queixan de que hoxe en día sexan eles os encargados deses labores, que os distraen de escribir.

Pensei moitas veces en compartir a responsabilidade de “coidar” do Dragal pero sempre penso: a cantos escritores representa un axente? A cincuenta? Quen me di que lle vai dedicar todo o tempo que necesita? Xa recibín varias ofertas pero non quero asinar un talón en branco. Prefiro manter o control sobre o proxecto ao cento por cento. Considero ese labor de promoción intrínseco ao de creación. Cando planifico os ritmos de escritura xa conto co tempo que lle teño que restar. Pero sendo realistas, un escritor fai moito máis que escribir: ten que ler, ten que ler para documentarse, ten que pensar en como resolver determinados nós da historia, ten que formarse en teoría narrativa para contar con ferramentas que a axuden cando se complica manter o fío…

Polo que me di, non parece vostede unha escritora metódica, das que sentan oito horas seguidas a darlle á tecla.

Nalgúns momentos concretos si que o fixen. Fixeime obxectivos de páxinas por xornada e cumprinos pero polo xeral coido que son algo máis anárquica. E penso que esa forma de ser e de facer é a que me fai atractivo o traballo de escribir.

Seguro que ten reflexionado sobre cal é a “fórmula” do éxito de Dragal.

Coido que pode haber varias razóns pero a miña análise non é previa; non nace dun deseño. Cando me poño a escribir só teño dúas cousas en mente: que nunha saga, é imprescindible que cada novo título sexa mellor ca o anterior e que a miña fidelidade é co lector; un lector que non se deixa enganar, que sabe moi ben o que quere, que é esixente, que bufará de rabia se o texto non está á altura das súas expectativas.

Fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos.

Íame dar o resultado desa análise a posteriori.

Si. Digo que visto o resultado, Dragal é unha serie que empata moi ben con persoas que len pouco, en moitos casos rapaces que nunca leran nada anteriormente e que encontran nestes libros os alicientes necesarios para engancharse. Cada libro facilita esa “dependencia”, primeiro polas técnicas que emprega: capítulos breves que sempre rematan en alto, que “esixen” continuar a lectura. Segundo, pola mestura de xéneros. Eu fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos. Recoñezo que tirei cousas d’Os Cinco, de Enid Blyton, de Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne… Hai aventura, hai amor, hai relato fantástico e novela histórica… E terceiro, porque a narración é realista.

Non me dirá que os dragóns existen na realidade.

É moi curioso que estean presentes en todas as culturas… Pero non é iso o que quero dicir. Refírome a que son textos moi documentados, rigorosos coas fontes. Todo o que se conta aparece nos textos tradicionais da cultura galega. Todos son feitos que se poden pescudar ben por lugares físicos ben por fontes históricas. A base de todo o proxecto naceu do Códice Calixtino. A lenda, a historia do Dragal forma parte da historia xacobea, a creación galega máis universal. Pero non só iso: as partes científicas están explicadas con verosimilitude. É ficción pero o lector non se encontra con disparates. Decátase de que todo flúe sen estridencias.

E Dragal xa non só é unha colección de libros. Prepárase unha película sobre a serie. Cónteme.

O proxecto audiovisual naceu dun encontro casual. Coñecín o produtor Xulio Casal, de Ficción Producciones, quen estaba a buscar unha historia pensada para o público xuvenil xa que tiñan cubertos os ámbitos para adultos e para cativos. Falando falando interesouse moito por facer algo co universo Dragal. Xurdiu primeiro un proxecto audiovisual educativo no que participan varios centos de alumnos e logo a idea da película. Tamén se está a preparar un proxecto de cómic interactivo, que explota as posibilidades do formato en liña, con videoxogos integrados… O salto ao audiovisual foi moi importante para Dragal IV.

E iso?

Casal falaba comigo a cada pouco, pedíame ideas ou explicacións. Chegou un momento no que lle dixen: “Mira, se teño que pórme a escribir case que escribo outro libro da serie”. E así foi.

Antes contábame que a historia ao primeiro ía para triloxía. Xa lle ten límite?

A historia de Dragal dá para tres triloxías. A medida que investigo, que abro a mente, doume de conta do moito que queda por contar. É un proxecto tan amplo coma queiramos que non dou por rematado. Como dixen antes, o único límite que me poño é que cada libro que se publica de novo sexa mellor ca o anterior.

Non teme acabar cansa dos dragóns?

Iso poderíame pasar se esta fose unha historia unicamente de dragóns. Non. Esta é unha historia de Galicia. É tan variado e diferente, esíxeme tantas cousas libro a libro que estou ben lonxe de cansar. Por exemplo, en Dragal IV tiven que aprender a sintetizar. En cada libro aprendo cousas novas; é unha das cousas máis interesantes.

De canto lle valeu esa aprendizaxe na narrativa para mozos cando publicou Sete caveiras (Xerais), unha novela negra para adultos?

De moito. Tanto no proceso de escrita coma no de promoción. Sete caveiras foi un libro que me fervía e escribino moi rápido. Funcionou moi ben. Xa vai pola terceira edición e estou en negociacións cunha editorial para lanzar unha versión en francés. Serviu ademais para rachar certos preconceptos sobre Dragal. Como é unha serie pensada para o público mozo, moitos lectores adultos tiñan reparos en achegarse. Logo de leren a miña outra novela foilles máis fácil.

Vistos os resultados, seguro que haberá máis libros para adultos.

Seguramente. De feito, xa teño unha novela rematada. Publicarase proximamente.

Vostede, no momento de publicar o primeiro volume de Dragal, traballaba como xornalista. Agora dedícase a tempo completo á escrita de ficción?

Non teño tempo nin disposición para traballar para algún medio de comunicación. En poucas semanas saio para Catalunya para facer promoción. É posible que estea na Feira do Libro de Madrid, quizais noutros eventos literarios no estranxeiro… Quixen arriscalo todo nesta aventura. Se as cousas se torcen, sempre podo voltar ao xornalismo.

É moi difícil falar cunha escritora que vive do que escribe en Galicia.

Eu aíndo non estou nesa categoría. Estou sementando para conseguilo.

Non lle dan as contas?

Aínda non. Se sumo os gastos de promoción, desprazamentos, contactos… non compensan as vendas. Pero coido que este é o único camiño para lograr poder vivir da literatura. Quen dos que se dedicaron ao xornalismo algunha vez pero que tiñan inquedanzas literarias non soñou nunca poder vivir de escribir? Eu tamén o soñaba e aínda que me parecía moi difícil, nunca estiven máis perto. Teño que seguir camiñando para facelo posible.

Que leu recentemente que lle gustaría recomendar?

As dúas novelas de Pedro Feixoo: Os fillos do mar e A memoria da choiva (ambos publicados por Xerais). É un dos grandes narradores do noso tempo.

A estirpe do Dragón: Pegado ao libro desde o minuto un

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación de Dragal IV, A estirpe do Dragón, de Elena Gallego.

 

«A estirpe do dragón», o novo Dragal de Elena Gallego

Pablo García Freire responsable do blog Lectureka, fixo en Pontevedra unha gran presentación da cuarta entrega da saga Dragal de Elena Gallego Abad.

O xove lector vigués cualificou A estirpe do dragón «de pura maxia, sen dúbida, a mellor das  catro novelas de Dragal».

«A estirpe do dragón presenta unha pronunciada evolución con respecto a anteriores entregas da saga; non tanto argumentalmente (que tamén), como na construción da historia, dos personaxes, dos seus sentimentos e reflexións, sendo unha novela sorprendentemente completa que, como era de agardar, mantén ao lector pegado ás páxinas dende o minuto un, demostrando o característico dominio do suspense, ligado a todas as obras de Elena Gallego, que a base de capítulos curtos consigue unha fluidez e unha perfecta transición entre cada capítulo, de xeito que as horas pasaron e trescentas páxinas despois, ás tres da mañán, segues tan fascinado coma na primeira.»

Na súa intervención Elena Gallego confesou que «o reto máis grande desta cuarta entrega de Dragal fora escribir a primeira liña da novela, “A sombra do dragón…”, que como non podía ser doutra maneira é idéntica á das anteriores.»

«A estirpe do dragón é a primeira entrega da segunda das tres triloxías que teño previstas para Dragal. Aínda hai moito Dragal por diante. Teño moitas cousas que contar.»

«Nesta cuarta entrega non hai unha soa trama, ha varias. están presentes os problemas no instituto e nas familias, mais tamén hai maxia e alquimia, e a presenza de varios dragóns, xa que conforman unha fraternidade. Tamén quixen introducir o tema dos libros prohibidos e doutros códices como o Da Vinci, xa que me interesaba atopar un inimigo importante, poderoso. Esa é a razon pola que aparece a inquisición que persegue aos dragalianos.»

Reiterou Elena Gallego a importancia da documentación en toda a serie. «Todos os datos históricos que aparecen en Dragal son certos, mesmo algúns que semellan coincidencia da ficción.»

Manuel Bragado

 

Información publicada o 20 de abril de 2015 no blog de Edicións Xerais de Galicia

Dragal regresa por todo o alto

O blog xuvenil Libros Lectureka, que dirixe e mantén Pablo García Freire, publicou unha anotación anunciando a saída e continuidade da serie Dragal, de Elena Gallego cun novo título, Dragal IV, A estirpe do Dragón, que se presentou o 16 de abril na Feira do Libro de Pontevedra.

Tres años. Tres años tuvimos que esperar para que la cuarta entrega de Dragal llegara a nuestras manos... tres años que han valido la pena; cada segundo de espera.

 Los lectores habituales de Lectureka! conoceréis y probablemente compartiréis mi pasión por Dragal, la mejor saga juvenil gallega jamás escrita (y la más épica). Tras tanto tiempo de agonía, (aunque en el medio tuvimos la agradable sorpresa que fue Sete Caveiras), por fin ha llegado la cuarta parte de la saga que intentará ir un paso más allá de todo aquello que hemos visto en las tres brillantes entregas de la primera trilogía, ¿Lo habrá conseguido? Todas mis conclusiones en profundidad, a continuación.    Antes de comenzar con la reseña os recuerdo que el libro saldrá a la venta oficialmente mañana, 16 de abril, y esa misma tarde, en la Feria del Libro de Pontevedra, tendrá lugar la primera presentación de Dragal IV, que contará con la participación de Elena Gallego (autora), Manuel Bragado (editor) y Pablo García (redactor de Lectureka!), es decir, yo mismo. ¡No os la perdáis! (Más información aquí)

 Estoy profundamente agradecido a Elena y a Edicións Xerais por haberme permitido participar en un evento así, y por cederme un ejemplar del libro. Aún me abruma pensar que por un día asistiré a una presentación, no como público, sino que me sentaré al otro lado de la mesa, junto a una autora cuyas novelas admiro sinceramente.

 Dicho esto, es la hora de analizar punto por punto, a la mayor de las novelas de la saga del dragón gallego. Bienvenidos a la primera reseña de Dragal IV:

Dragal IV; a estirpe do dragón
Autora: Elena Gallego Abad
Editorial: Xerais

Sinopsis: (puede contener spoilers de Dragal III) tras lo ocurrido en la cripta de Dragal, los poderes del dragón se desvanecen, y la profecía parece cada vez más incierta. La relación entre los miembros de la fraternidad se recrudece. En su lucha por recobrar los poderes arrebatados durante el ritual, Hadrián se ha vuelto más susceptible que nunca, y Mónica esconde un secreto que podría determinar el destino de la fraternidad.
 Pero la esencia del último dragón no se ha desvanecido del todo; lo que queda de Dragal se ha aferrado a cada uno de los miembros de la fraternidad, y la aparición de pequeñas escamas será solo el principio. Poco a poco los caballeros de Dragal comenzarán a descubrir poderes sobrenaturales, que cambiarán irremediablemente el curso de sus vidas. Cortiñas se aferra a la posibilidad de perpetuar la estirpe, y experimenta en su laboratorio con fórmulas alquímicas para lograr la metamorfosis. Si a todo esto le sumamos la presencia del Codex Dragalianus, y la intervención de los enemigos de Dragal, entre otros inquietantes descubrimientos, la combinación es explosiva.


Opinión personal: Dragal IV es, en esencia, pura magia. En 2013, el joven crítico inexperto que era yo por aquel entonces dijo, y cito textualmente, que cada libro de Dragal supera al anterior. Hoy, casi dos años después, ese joven sigue totalmente convencido de ello. Después de los insuperables acontecimientos de A fraternidade do dragón, parecía que Elena Gallego no podría superarse a sí misma una vez más; pero nos equivocábamos.

 A estirpe do dragón presenta una pronunciada evolución con respecto a anteriores entregas de la saga; no tanto argumentalmente (que también), como en la construcción de la historia, de los personajes, de sus sentimientos y reflexiones, siendo una novela sorprendentemente completa que, como era de esperar, mantiene al lector pegado a las páginas desde el minuto uno, demostrando el característico dominio del suspense, intrínsecamente ligado a todas las obras de Elena gallego, que a base de capítulos relativamente cortos consigue una fluidez y una perfecta transición entre cada capítulo, de modo que cuando te das cuenta, las horas han pasado y trescientas páginas después, a las tres de la madrugada, sigues tan fascinado como en la primera.

   Tras la lectura, he llegado a una curiosa conclusión. ¿Es este el mejor libro que Elena Gallego? Sin duda alguna. ¿Se trata de la mejor entrega de Dragal? Es discutible. ¿Suena contradictorio? Me explico:    Dragal IV se siente como algo completamente nuevo, como el comienzo de algo mucho más grande que todo lo que hasta ahora conocíamos. Es el inicio de lo que se intuye como una segunda trilogía, de una segunda temporada en la saga del dragón gallego, y yo siempre lo concebí así, y por ello estoy convencido de que la trilogía de Dragal no ha dejado de serlo, simplemente ha surgido una segunda. En base a esta reflexión, y permitidme la libertad de establecer esta comparación; ¿podemos pedirle más al primer episodio de la segunda temporada de una serie televisiva que al último y apoteósico episodio de la temporada precedente? La respuesta es no. Por mucho que haya mejorado la puesta en escena (o "puesta en página"), y por mucho que se haya intensificado la conexión casi sobrenatural con el espectador (en este caso el lector), no se le puede exigir tanto, aunque lo que se avecine sea mucho mayor.      O, al menos, eso es lo que pensaba hasta que llegué a la segunda mitad del libro y Elena sacó su artillería pesada para echar por tierra mi teoría.    Considero un milagro haber sobrevivido a la lectura. Aún estoy en estado de shock. Mi hermana puede dar fe de que pasé todo el día exclamando; ¡No puede ser! ¡No puede ser! ¡Esto no puede ocurrir! Demasiada intensidad, demasiada emoción por página cuadrada, demasiados giros inteligentes y convenientemente añadidos a la trama... y es que algo que destaca en todas las nuevas entregas de la saga es la habilidad de su autora para inventar e implementar cualquier factor, artilugio mágico, códice sagrado o unicornio Narniano que tuerza todo aquello que conocemos, sin que parezca forzado y encajando a la perfección con todas las piezas del puzle.    En Dragal IV se forja un pasado que asienta una historia ya creíble de por sí, aportando datos históricos, alquímicos y legendarios que respaldan cada punto clave de la trama. La existencia de los dragones se me antoja cada vez más factible...          Pero si algo sabe hacer bien esta mujer (si es que sus libros lo tienen todo), es poner punto y final a sus novelas. Dragal IV me ha dado un motivo más por el que desearía matarla (ya llevo cinco; el final de Dragal I, el final de Dragal II, el final de Dragal III, el final de Sete Caveiras y el de Dragal IV). No recuerdo haber leído nunca un capítulo que cierre de forma tan efectiva una novela.  Nunca es un término muy absoluto...  NUNCA  Pero Pablo, estás seguro de que... NUNCA, JAMÁS. Durante las últimas páginas de la novela, temía el final, un final que no acababa de llegar, que en ningún momento daba señales de vida... hasta que de pronto, ocurrió, el detonante de un explosivo desenlace que aún puebla mis sueños y pesadillas; un desenlace que en un principio se me antojó precipitado, pero épico, emocionante, inigualable. Un final que consiguió dejarme sin palabras, y que cada día hasta la publicación de Dragal V me corroerá por dentro. De haberse extendido más habría sido muy corriente, repetitivo incluso, pero el formato escogido; directo, efectivo, emotivo... sobrecogedor, es de lo más acertado. Es simplemente demasiado para procesarlo.      (El próximo párrafo podría contener spoiler de Dragal III) ¿Recordáis las conversaciones telepáticas que Hadrián mantenía con el dragón? En esta novela, el protagonista pierde todo contacto con él, sin embargo, de algún modo, esos diálogos se mantienen. En Dragal IV el amplio abanico de emociones que experimentan cada uno de los personajes tienen un gran peso argumental, y de alguna manera, la forma en la que sus pensamientos se reflejan en el papel, son un sucedáneo de aquellas conversaciones telepáticas. En esta ocasión, ellos mismos son los dos integrantes de un diálogo unilateral, un diálogo consigo mismos, un diálogo con su dragón interior.    Como siempre hago cuando se trata de Dragal, no puedo despedirme sin hacer alusión a la cubierta... Mi teoría es que las ilustraciones de cubierta de los libros de la saga  son un reflejo del interior de cada libro; por una parte, todas son muy épicas (no se admite discusión), y del mismo modo que ocurre con las novelas, cada una es mejor que la anterior. Del mismo modo podría decir que ocurre exactamente lo mismo con el título escogido para cada nueva entrega. A estirpe do dragón... qué sencillo, y qué acertado.       Esta no será la última vez que disfrutemos de esta fantástica saga (Dragal no lo quiera), y es seguro que habrá nuevas entregas. Y no solo eso, cada vez queda menos para que sepamos algo del proyecto multimedia a cargo de Ficción Producciones, que incluirá una película, un videojuego y un cómic interactivo. Si de algo me he dado cuenta en mi relectura de la trilogía original, que a mí me encantan estas cosas, es de lo bien que encajaría cualquier libro de la saga en un guión cinematográfico. Esa forma de dosificar la información, de generar suspense a cada capítulo, de enlazar adecuadamente cada escena... es algo que quiero ver.   Valoración: Cualidades: (consultar diccionario de acrónimos) OVNI / EPI / GEL / LB /  Nota: 9,5   ¿Qué ocurre con esa nota redonda que nunca parece llegar para Dragal? Yo siempre tengo la esperanza de que el próximo libro sea mejor, y por lo tanto me reservo el 10 para la última parte de la saga (y si Elena dice la verdad al declarar que da para tres trilogías... se hará de rogar).

Dragal IV chegará ás librarías en abril de 2015

  

 

A novela fantástica máis esperada, a cuarta entrega da saga DRAGAL, chegará ás librarías nos primeiros días do vindeiro mes de abril.

Como avance desta nova entrega, velaquí a fantástica portada de Miguel Abad e uns parágrafos da recensión da contracapa:

 

Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal.

A aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade.

Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de destruír o mundo.

(...)

Así "Dragal IV, a estirpe do dragón" abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego.