Press Club

Dragal en New Spanish Books

La primera novela de la serie de fantasía creada por Elena Gallego Abad, “Dragal I, a herdanza do dragón”, entre los 20 libros seleccionados en París dentro de la convocatoria New Spanish Books 2015

Dragal fue escogido entre 248 títulos presentados en Francia por las principais editoras y agentes literarios españoles al Plan de Venta de Derechos del ICEX para 2015.

Otra novela de Elena Gallego Abad, “Sete Caveiras” incluída también en la selección realizada por el comité de expertos (traductores, libreros, editores y críticos de reconocido prestigio) en París.

DRAGAL

Con ocho ediciones en lengua gallega y ya traducida al catalán (Pagès Editors), inglés (Small Station Press) y castellano (Anaya), “Dragal I, a herdanza del dragón” es hoy una de las novelas juveniles con mayor proyección de las publicadas por un autor en lengua gallega. Con este libro se inició la primera serie fantástica editada hasta ese momento en Galicia.

Finalista del IV Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil en 2009 y Premio Frei Martín Sarmiento 2012, la primera novela de la serie saga Dragal fue publicada por Ediciones Xerais en 2010 y, desde entonces, se viene reeditando ano tras ano. En 2011 se publicó “Dragal II, a metamorfose del dragón” y en 2012 “Dragal III, a Fraternidade del dragón”.

Tras el salto de esta trilogía al universo audiovisual (La compañía Ficción Producciones está desarrollando un ambicioso proyecto crossmedia en el que se incluyen cómic interactivo, videojuegos y cine), en abril de 2015 la autora publicó una nueva entrega de la saga, “Dragal IV, a estirpe del dragón”, con la que se inicia una segunda trilogía. En 2016 está prevista la publicación de la quinta novela de la serie.

Cabe destacar que, durante los dos últimos cursos, la Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Xunta ha impulsado en Galicia, a través de los equipos de dinamización de la lengua gallega, el desarrollo del denominado “Proxecto Dragal”. Se trata de un programa multidisciplinar de dinamización multimedia y multidisciplinar que anima al alumnado a leer, a crear y a investigar en gallego, y que tiene su base en la trilogía homónima de la escritora Elena Gallego Abad. Tras el éxito de la convocatoria 2013-2014, en la que participaron 8 centros de enseñanza, en el curso 2014-2015 Dragal ha llegado a 659 alumnos y alumnas de 1º y 2º curso de la ESO de once centros de las cuatro provincias gallegas. En el estuvieron directamente implicados más de 55 docentes coordinados polos EDLG de los centros educativos y por la Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria a través de su coordinación central técnica.
El Proxecto Dragal contó con un wiki de acceso restringido a los dragaliños, o alumnos y alumnas participantes en el proyecto, así como a sus profesores. Allí pudieron encontrar juegos en línea relacionados con la temática de la trilogía, propuestas de trabajo y materiales para abordarlas.

Dragal también ha inspirado un campo de trabajo internacional que tuvo lugar entre el 1 y 12 de agosto de 2015  en el entorno del Pico Sacro (Concello de Boqueixón, próximo a Santiago de Compòstela). Contó con la participación de una veintena de chicos y chicas de entre 18 y 30 años, procedentes de países como Alemania, Francia, Rusia o Turquía. También se acercaron mozos de puntos de España tan dispares como Logroño, Sevilla, Almería, Valencia o A Coruña, entre otros. El Campo de Trabajo Dragal pretendía crear un lugar de encuentro de jóvenes europeos para crear sinergias en el entorno del Pico Sacro inspiradas en la obra literaria de la escritora Elena Gallego Abad.

Más información en esta entrevista emitida por RNE en Galicia:

http://www.rtve.es/alacarta/audios/informativo-de-galicia/informativo-galicia-entrevista-elena-gallego-autora-da-saga-dragal-08-08-2015/3243493/

SETE CAVEIRAS

La escritora ha dado el salto a la novela negra con la publicación, en 2014, de la novela Sete Caveiras (Siete Calaveras). Lo hizo de la mano de Edicións Xerais y emulando una de las obras clásicas de Agatha Christie, Diez Negritos.

Con tres ediciones en 2014, Sete Caveiras aborda el género desde la perspectiva de una protagonista femenina. Trepidante y por momentos divertida, la novela teje una serie de asesinatos en escenarios reales con señalados acontecimientos de los años ochenta. El libro, también homenaje da autora a la profesión periodística, teje una seductora trama de intriga con banda sonora de la Movida.

EXPERTOS INDEPENDENTES

La selección de “Dragal I, a herdanza del dragón” y “Sete Caveiras” en la convocatoria New Spanish Books 2015 fue realizada  por un comité de expertos (traductores, libreros, editores y críticos de reconocido prestigio) en París.

“New Spanish Books” es un proyecto del ICEX (Instituto de Comercio Exterior de España) en colaboración con el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, que tiene como objeto la venta de derechos de traducción de editoriales y agentes literarios españoles en mercados exteriores a través de portales en Internet en Alemania, Estados Unidos, Francia, Japón y Reino Unido, dirigidos a profesionales extranjeros del sector editorial. Los libros seleccionados en estos cinco países se incluyen luego en una publicación que es distribuida de forma personalizada entre editores y agentes de Noruega, Finlandia, Italia, Polonia, Brasil y Corea.

El último dragón del Pico Sacro

Un campo de trabajo de la Xunta reune una veintena de jóvenes de varios países en torno a la obra literaria de Elena Gallego Abad y a las leyendas del Códice

Santiago / La Voz, 03 de agosto de 2015

O Códice Calixtino, ademais dunha obra que alcanzou sona internacional polo seu roubo e posterior aparición no garaxe dun electricista, e tamén a primeira guía de viaxes de Europa. Nel recóllese o traslado do Apóstolo a Santiago, en tempos da raíña Lupa. Para poder chegar a Compostela, houbo que matar ao último dragón de Galicia, que vivía no Pico Sacro, un dos lugares máis emblemáticos da comunidade, localizado no concello de Boqueixón. Este foi un dos puntos de partida da obra literaria da xornalista e escritora Elena Gallego no seu libro Dragal I, a herdanza do Dragón, e tamén do campo de traballo que onte se presentou no cumio do Pico Sacro.

Trátase dun campamento da Campaña de Verán 2015 da Consellería de Traballo e Benestar. Participan unha vintena de mozos de entre 18 e 30 anos de países como Rusia, Alemaña, Turquía e Francia, así como de varias comunidades españolas. O curioso deste campo internacional é que pretende crear sinerxias no entorno do Pico Sacro, inspiradas na obra literaria de Elena Gallego. Nacho Fariña, director desta actividade, explica que os traballos que farán os rapaces combinan o ocio cos exercicios medio ambientais ou de recuperación de determinadas zonas, sempre coa vista posta nas lendas do Pico Sacro. De feito, os participantes limparán ata o día 12 a ruta do dragón, que vai desde a igrexa de Lestedo, en Boqueixón, ata o propio cumio, sinalizando o camiño «e con dramatizacións que farán os monitores ao longo do tramo contando lendas e historias do pico».

Comeza a aventura

Na presentación, na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que colabora co Proxecto Dragal, a propia Elena Gallego, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, estiveron tamén os rapaces que comezan a aventura. Como Rosalía, coruñesa de 28 anos que está rematando Filosofía e quería unha experiencia nun campo de traballo. Ou María Jesús, de Toledo. Ten 18 anos e en setembro comeza a estudar Medicina en Madrid. O ano pasado estivo nun campus en Lugo e quedoulle o verme de coñecer máis da lingua e a cultura galegas: «Quería volver y el hecho de que este campo de trabajo tenga una parte cultural y de lengua me convenció», explica.

Otero Pedrayo e Castelao destacaron este enclave

Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón e que ademais foi director xeral de Xuventude, destacou a dimensión internacional do campo de traballo que remata o día 12, e que lle dará polo tanto «carácter internacional á obra de Elena Gallego Abad e ao cumio do Pico Sacro». A propia autora da triloxía de Dragal, Elena Gallego, destacou as semellanzas que algúns medios de comunicación fixeron entre a súa saga e a de Harry Potter, «pero mentres J. K. Rowling tivo que inventarse Hogwarts, eu non tiven que inventarme nada, teño Galicia». O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou o cumio do Pico Sacro como un dos referentes e lugares máis emblemáticos de Galicia, que xa gabou Otero Pedrayo no seu momento. Mesmo Castelao fixo unha expedición a este monte en xullo do 1924 con Pedro Brey, un mestre e fotógrafo afeccionado que casualmente foi o avó de Mariano Rajoy. «Trinta anos despois, no 1950, Castelao menciona o Pico Sacro no último discurso público que fai», dixo o secretario xeral.

O campo de traballo axudará a facer unha dinamización deste cumio e tamén do Camiño de Santiago nos concellos de Compostela, Boqueixón e Vedra, a través de distintas actividades como a xa mencionada ruta do dragón, a creación da ruta das estrelas e a elaboración dunha audioguía, un mapa sonoro ou traballos de pintura, ilustración ou videocreación.

 

Información publicada el el periódico La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2015/08/03/ultimo-dragon-galego-do-pico-sacro/0003_201508G3P27991.htm

Dragal Work Camp 2015

Tradicións e lendas envolven o Pico Sagro, un dos espazos de referencia da cultura galega. Unha delas está na orixe do universo do dragón que a escritora Elena Gallego recrea no seu proxecto literario.

O dragón do Pico Sagro, vinculado ao Códice Calixtino e a aparición do sepulcro en Compostela volve á actualidade co campo de traballo Dragal Work Camp que estes días se  desenvolve no mítico monte.

“Dragal ” non para de medrar. O cuarto libro que inaugura a segunda triloxía está xa nas librarías mais á marxe das publicacións en galego, o universo creativo de Helena Galego foise estendendo en numerosos soportes e linguas.

Con tradución en catalán, inglés e castelán, con páxina propia, un guión audiovisual pronto para a súa produción, un proxecto  educativo e aplicacións e xogos dixitais, Dragal semella non ter fin e convértese nun ambicioso universo que a súa creadora impulsa, confiada da forza das súas historias de dragóns. Desta volta, regresaron a un dos seus lugares míticos, ao Pico Sagro que é referencia na obra da escritora e que estes días vive a actividade de seis monitores e dezanove mozas e mozos que participan no Dragal Work Camp.

“O Pico Sagro aparece en Dragal e ten unha forza especial. Buscando dragóns na Galiza din  directamente co monte e a versión do Códice Calixtino no que aparece o dragón e o que fixen foi incorporar todas esas lendas e historias. Temos unha grande riqueza en mitos e lendas, a verdade é que non necesitamos inventar moito!”, comenta Elena Gallego Abad.

Máis información na páxina de Facebook https://www.facebook.com/Dragal-Work-Camp-2015-890166897722192/timeline/

titolo box

Mito, fantasía y realidad. Dragal IV en El Correo Gallego

ISABEL MOCIÑO  | 30.08.2015

Pocas series narrativas juveniles han gozado de tan buena acogida por parte del público como la de Dragal, que se inició en 2010 con A herdanza do dragón, finalista del IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 y Premio Frei Martín Sarmiento, continuada después con A metamorfose do dragón (2011) y A fraternidade do dragón (2012) y cerrada, por el momento, con A estirpe do dragón (2015), que deja el camino abierto a nuevas entregas.

 

Ben é certo que neste éxito da serie publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección "Fóra de xogo", máis alá da súa calidade literaria, ten tamén moito que ver o empeño e implicación persoal da autora, Elena Gallego Abad, co "universo dragaliano", que mantén vivo coas súas visitas decontino a centros de ensino, a súa colaboración con docentes para a posta en práctica de materiais didácticos e mesmo o seu afán pola promoción e divulgación da serie en todo tipo de formatos (adaptación audiovisual, videoxogos, cómic interactivo....), así como a súa tradución a outras linguas (inglés, castelán, catalán), como se pode seguir por http://www.dragal.eu.

Todo este universo cargado de mitos, lendas e fantasía continúa recreándose con acerto en A estirpe do dragón, na que se profunda na natureza dos membros da Fraternidade, as súas dualidades, medos, inquedanzas e vivencias, mesturadas coa intriga e o misterio, nunha trama que mantén en vilo o lector ata o final. A autora sabe manexar con habelencia múltiples fontes documentais e históricas para asentar os alicerces do mundo dragaliano nos máis remotos tempos da historia da humanidade, convertendo Galicia e a súa cultura nun rico crisol de camiños e personaxes que acaban por confluír baixo a sombra do dragón. Neste caso, non deixa de sorprender a aparición de Leonardo da Vinci e de Napoleón como coñecedores ou mesmo integrantes da Fraternidade.

Amais do misterio, a tensión e as fontes históricas que achegan respostas a múltiples cuestións da actualidade, nesta última entrega é de sinalar o tratamento de temas que preocupan especialmente a docentes, familias e tamén adolescentes, como é o acoso escolar e os embarazos non desexados. Ambas as cuestións converten a Mónica en centro ao redor do que gravita boa parte desta entrega, ao ser vítima do maltrato e humillacións reiteradas ás que a someten un grupo de compañeiras de aula, e enfrontarse soa e en silencio á descuberta de que está agardando un fillo do seu noivo, Hadrián, ao que non atopa o momento nin a ocasión para comunicarllo.

Estas temáticas, moi pouco ficcionalizadas ata o de agora na narrativa xuvenil galega, fan de A estirpe do dragón unha proposta literaria moi atractiva, na que se seguen combinando con acerto boas doses de historia, filosofía, alquimia, hermetismo, fantasía e realidade.